Non acougo con esto que tan recentemente dixo o alcalde de Ferrol de que está a preparar xa o orzamentos de 2017. E o digo por unha razón: se non recordo mal, eso mesmo dicían o ano pasado por estas mesmas datas sobre os de 2016 e, mira por onde, ao final non os presentaron. Tendo pois en conta que se en tan dilatado espazo de tempo non deron feito –pregúntome se algo faceron realmente– non podo evitar pensar por que teñen que ser agora as cousas distintas. E pregúntome tamén por que non seguiron os consellos dos que máis experiencia tiñan; é dicir, olvidarse xa nos primeiros meses do ano de insistir en que á cousa ía para diante para logor contar que todo estaba listo e, de novo, que era cuestión de días. Non lle falta razón á sabiduría popular que non hai máis que recordar as situacións o feitos coñecidos para saber o que ten que acontecer no futuro. Non cometerán sen embargo o mesmo erro pero os exemplos postos sobre a mesa fornecen as dúbidas, aínda que o sorriso dos que nos gobernan traten de facernos creer que todo vai ben. Xa verenos.