Cataluña

iña pensado ocupar este espazo con outra cousa que non tivese que ver con Cataluña e a política  pero estes días témola en todas partes ocultando outras gretas da destartalada política nacional. Así que aproveito esta “mirada” para opinar ao respecto con todo respecto. Para comezar direi que Cataluña merece toda a miña consideración e simpatía. Foi Cataluña quen acolleu cos brazos abertos a un feixe de músicos galegos, entre os que me atopaba, para que gravaramos, aló polo esmorecer dos 60, os nosos primeiros traballos discográficos. Sempre considerei a Cataluña como vangarda no eido da cultura e alí teño moitos amigos. Eu non desexaría que Cataluña deixara de formar parte de España porque son dos que cren que a suma conta máis ca división e pretender independizarse soame algo así coma ir contra corrente. Creo que ambas partes perderían coa fractura pero hai quen pensa todo o contrario. Non quero meterme en xardíns dos que me resulte difícil sair, non quero convencer a ninguén de que se quede ou se vaia: tan só petendo amosar a miña opinión susceptíble, coma non, de calquera controversia.  Todos estamos de acordo que a democrácia é un sistema de convivencia basado na soberanía popular pero tamén nunhas regras do xogo previamente establecidas.  Democracia non consiste só en votar aos nosos representantes cada catro anos e chamar á cidadanía a referendums que tamén: fundaméntase ademais nun estado de dereito, nunhas normas que quedan reflictidas nunha Carta Magna que o “pobo soberano”  vota e acepta.  Saírse de este postulado supón darle un golpe baixo á democracia.  A política pode facer que case todo sexa posíble, excepto a ilegalidade, e ilegalidade é saltarse  é non respectar o que está escrito na Constitución que, nos guste máis ou menos, é a que enmarca un estado de dereito  sin o cal non hai democracia. A Constitución pódese modificar  por consenso pero non cambiala á carta.  E isto é o que creo que está a pasar co asunto do independentismo catalán desde o que se está a fomentar unha hispanofóbia severa o mesmo que unha  forte catalanofobia dende o nacionalismo español.  O choque de trens é inevitable e as consecuencias imprevisibles.  E que ninguén pense que a partires do 1 de octubro, haxa ou non referendum, a cousa queda solucionada: vana ilusión.  Falar, modificar na medida que sexa preciso algúns apartados da Constitución e negociar ata non poder máis. Iso sería facer política. O demais son gaitas desafinadas.
 

Cataluña

Te puede interesar