Os listos e os demais

Lanzo esta mirada desde o território dos demais, desde esta parte na que estamos a velas vir dispostos a escoitar unha sarta de babecadas que lanzan desde a outra banda os que se cren listos pensando que os demais somos tolos. Esta dicotomía entre listos e tolos sae a relucir plena nas campañas electorais como na que xa estamos mergullados. A semana pasada quedei abraiado coas declaración a un medio de alcance nacional  do  candidato número dous por Madrid do PP, o señor Suarez Illana á sazón fillo do que fora presidente do goberno Adolfo Suárez que a  micro aberto e sen reparo algún pretendeu dar unha lección de antropoloxía cando pon ao noso antepasado neardental na texitura de ser infanticida porque, segundo o candidato, cando vían que nacía un fillo con defectos cortábanlle a cabeza, pretendendo comparar con estes aos que hoxe están a favor do aborto. Non lle faltou tempo a un catedrático de antropoloxía para enmendarlle a plana a este lumbreras.  Como nacional católico que é o señor Suárez Illana seguranmente non crea na evolución das espécies e pense que Deus puxo a Adan e a Eva no paraíso tal e como somos os seres humanos arestora sen pasar claro está polo “homo neanderthalensis” (cortadores de cabezas de bebés indefensos, segúndo o señor Suárez). Pode, evidentemente, crer no que lle pete pero non crea que os demais somos tolos e a estas alturan seguimos comunlgando con rodas de muíño. Fraco favor fíxolle ao seu partido con estas  declaracións porque se alguén dubidaba na dirección que ía dar ao seu voto, ou é militante de fidelidade inquebrantable, ou debera pensalo dúas veces antes de darllo e este home que se vai sentar nun escaño do Parlamento e decidir sobre o noso devir máis inmediato. O seu pai, don Adolfo Suárez, malia desempeñar varios cargos públicos na dictadura franquista, preséntase coma máis “progresita” que este seu fillo ultra fichado polo PP.  Logo destas “perlas” cultivadas que provocan estupor habería que dicirlle ao señor Suárez Illana que, se pretende representar ao grupo dos listos que só se representan a si mesmos e sentarse nun escaño do Parlamento pois vale se ten o respaldo dos que non van repararar nas manifestacións que solta pero que teña coidadiño porque o mesmo unha parte “dos demais” pódese por en desbandada e outros veñan a pescar neste caladoiro pero... ahora que o penso tanto terá porque os peixes vain ir ás adegas dun barco da mesma compañía e vano a vender co mesmo envoltorio. Xa veremos.

Os listos e os demais

Te puede interesar