Libros

Comeza un novo curso escolar. Todos os que somos nais o pais sabemos que é un momento especialmente delicado para as economías familiares. Non é pouca o investimento que hai que facer entre libros de texto e material escolar por cada estudante. É este un aspecto que condiciona bastante a gratuidade dun sistema educativo obrigatorio ata os 16 anos no noso Estado. En Galicia en tempos do bipartito instaurouse un sistema que ademais de liberar dunha pesada carga económica nos nosos fogares educaba noutros valores igualmente fundamentais para o futuro dos nosos fillos. Este procedemento, onde de xeito universal os libros se “herdaban” entre os estudantes durante algúns cursos, mantense noutras xeografías e non é máis custoso para as arcas públicas que o actual e insuficiente de axudas por varemos económicos. Recuperar este procedemento é unha cuestión pendente e bastantes son as ANPAS que de xeito independente o manteñen vivo.

 

Libros

Te puede interesar