Abnegación

|

on sei onde escoitei aquilo de: “Está o vello morrendo e está aprendendo”. Véuseme este dito ao miolo, porque lin que se cualifica de “abnegada”, a renuncia do líder de Podemos, á participar no Goberno. Eu tiña entendido que abnegación era, renunciar a intereses propios cunha finalidade altruísta. E xa que logo, o abnegado sería apoiar a investidura do sr. Sánchez, sen máis contrapartidas, que uns acordos programáticos, que os “podemitas” controlarían. Pois resulta que estaba nun erro, porque a min parecíame máis unha xogada de ventaxista, para acadar varios Ministerios de tipo Social que serían políticamente moi rentables para o “renunciante”, quen aparecería como o defensor dos pobres. Pero non. Parece ser que,  moi “abnegado” el e, cun “xesto de grande valor político”, renuncia a aqueles ministerios, e á defensa dos pobres, polo procedemento de negar o apoio á investidura do aspirante a Presidente. Así que, seguirei a aprender, que nunca é tarde. Ou se cadra...

Abnegación