Robots, e chourizos apodrentados

tecnoloxía non nos aforra tempo, pero si que o reparte doutra maneira. (Helman Nahr). Ogallá que o repartira para proveito dos traballadores, profesor Nahr.
Falando da tecnoloxía, os robots, esas máquinas automáticas que se inventaron - din - para beneficio das persoas, coido que ó que si contribúen, e moito, para axudar a desaparecer milleiros de postos de traballo.
Non son unha simple máquina automática, xa que dentro da súa versatilidade pódense adaptar para facer diversas funcións a través dun simple cambio de programa, ou dalgún dos seus accesorios.
Algún día, poida que os robots sexan máis intelixentes que os humanos que os fabrican e pasemos, toda a humanidade, a sermos seus servidores.
E non é tanta ciencia ficción. Andámolos perfeccionando tanto que algún día copien dos “humanos” e se convirtan en deshumanizados.
Hoxe camiñan, falan, seleccionan, transportan, acceden a grandes profundidades mariñas, aínda que, de momento, non practican sexo para reproducírense. (Todo se andará).
Son submisos, comen pouco, non perciben salario algún, nin xubilación, nin S.S., e cando inservibles inda poidan dar uns euros para chatarra.
Os robots son unha xoia, mellor dito, un tesouro para os empresarios ávidos de amasar fortunas e que pouco lles importa sacrificar persoas e máquinas autómatas.
A Ciencia avanza a pasos de xigante –tantas veces sen control– sen ter en conta os problemas que pode acarrear o non camiñar paseniñamente.
A Ciencia, a Intelixencia, o Humanismo e a Conciencia deberan sempre camiñar da man. Aínda que, por desgracia, hai moito político ignorante. Quizais tamén todo o que se pretende a través da Ciencia é a destrución do Mundo.
Poida que un día non moi lonxano, chegue a revolución conxunta de robots e humanos capitaneados por un humanoide. Por suposto, tolo.
Ás veces que non teño que facer bótome a matinar, a razonar comigo mesmo. Poida que tamén estea tolo. Mesmo onte preguntábame que sería mellor, sermos dirixidos por unha máquina intelixente humanizada, ou por unha persoa parva e egoísta. A miña rápida conclusión foi que ninguna das opcións sería boa.
Atopei unha nova opción a “c”, que sería dar con uns gobernantes - dentro dun sistema democrático real - tan intelixentes como hónestos, que os debe haber a ducias, pero non queren saír á palestra política. O tufo do refugallo actual dalles para atrás, e os votantes, quizais imos acostumados ó teatro de marionetas, e incluso aplaudimos.
Aínda que hoxe, porque mo prohíbe a relixión, non podo comer embutidos e ben que o sinto. Canto me gustaba, e me gusta, o chourizo. O caseiro, o picante, o doce, o curado, o fresco. Todos Bueno, a verdade é que non todos. A clase específica de chourizo corrupto, elaborado con carne seleccionada nos principais matadeiros do país, danme noxo. Non os poido tragar. Penso que nin os voitres, nin as gaivotas porcas que andan nos vertedoiros son capaces deles. Fúxenlles, por medo a pillar unha enfermidade grave.
Os altos cargos de Sanidade –xa que puidera converterse en epidemia– deberan de inmediato tomar cartas neste problema. Tamén a Señora da Balanza e a Espada deberá quitar o pano dos ollos e os tapóns dos oídos xa que, semella que non ve nin oe.
Por suposto, non mirar cara a outro lado, como fai don Mariano cando non convén ver ou oír. E con tapar o naríz, aínda que sexa con máscaras antigás, con tantos chourizos apodrentados o cheiro é insoportable.

Tan só o Mundo
é algo máis antigo
que as inxustizas.

Robots, e chourizos apodrentados

Te puede interesar