Coido que hai moitas declaración de persoeiros que precisarían de aclaracións. O sr. Rajoy é unha fonte inagotable dese tipo de frases. Por exemplo: “Es bueno que en España se forme un gobierno sensato y responsable y que gobierne el que tenga más votos”. Ou sexa, que o que teña máis votos, será o máis sensato e responsable, non é? Non importa que se trate dun partido cunha morea de casos de corrupción, porque os outros “son unos cenizos que pintan una España negra”. É dicir, que os que falan de paro, de pobreza e de dificultades para millóns de familias son uns “cenizos” que ven todo negro, mentres o líder do PP o ve todo branco, como cando falaba de “hilillos de plastilina” e Galicia estaba negra. Pero algunha vez, o Sr. Rajoy acerta, como cando di que “se vuelve a las urnas por la incompetencia y la falta de pericia de algunos”. Certo, porque se eses “algúns” foran competentes, el non seguiría “aportando seguridade e estabilidade” para eles. Pois si.