O “periódico” da “verdade”

Pensar, pensamos todos, coido eu, aínda que hai pensamentos que para que lles vou dicir despois do que vemos tódolos días. Pensaba eu –e digóo en pasado, porque xa non sei nin por onde vou– que a prensa, así, en xeral, contaba a realidade e que, para contrastar o que din uns xornais e outros, nada mellor que miralos todos e que cada un se faga o seu “farrapo”. Pero resulta que agora non é tal. Quero dicir que un partido coma o PP opta por sacar á rúa nas cidades galegas un “xornal” que, no caso concreto de Ferrol, fala das “verdades” do goberno de Jorge Suárez. Quero iso dicir que o propio PP cuestiona o papel do resto da prensa? Penso que non sería tal a súa pretensión pero tamén que, ó fin e ó cabo, é o que fai. Xa dixen que a alternativa, se acaso, está nas preferencias do público, pero, de verdade pensa un partido que xoga ó seu favor, estando como está no goberno do país e da Xunta, que por facer un xornal propio vai ter máis credibilidade? É a antítese da comunicación. Ou é que toma por tontos ós cidadáns e pensa que hai que darlles xa ben masticado o que teñen que tragar? Porque para desacreditar a Jorge Suárez xa o fai el só. Ou pensa o PP que todavía hai que empurrar algo máis por se non chega, por si só, o derroteiro autista de Ferrol en Común?

O “periódico” da “verdade”

Te puede interesar