Líos

Falaba a semana pasada de que a tumba a nome da familia Franco Bahamonde que se atopa en Catabois fose froito dunha graciosa doazón do concello ferrolá, como agora vén demostrar a xornalista Patricia Hermida. Non podía ser doutra maneira. Como ía ter que comprar un lugar de enterramento o invicto caudillo? Regalábaselle un e punto. Como casas, pazos... Iso non era corrupción. Eran agradecementos. Por iso se seguiron admitindo sen problema após a morte do ditador. O que me chamou a atención desta última novidade ao respecto da citada tumba é que non se lle tivese obsequiado cando a inauguración do recinto -cousa, a priori, máis “lóxica”- senón en 1967. Pois foi ese o momento en que se precisou un lugar para acoller os restos dos avós paternos, dunha irmá -morta con 5 anos- e dunha tía do ditador, enterrados no suprimido cemiterio de Canido. Oliveira Salazar dirixiu o réxime ditatorial portugués case os mesmo anos que Franco o español. Morreu –consecuencia da caída dunha cadeira–, soterrárono na súa freguesía natal do distrito de Viseu e deixou de dar a lata. E aquí...
 

Líos

Te puede interesar