Ignorancia

Seica despois das eleccións autonómicas, nas que gañou o PP por maioría absoluta, houbo alguén que cualificou a os galegos de alienados e ignorantes. Agora gustaríame saber que opinaría ese “alguén” sobre a cultura ou ignorancia dos estadounidenses que propiciaron a chegada do señor Trump á presidencia. En calquera dos dous casos, eu non son quen de xulgar a cultura da xente, nin moito menos comparar aos dous líderes gañadores aquí e alá, mais coido que poderíamos aplicar neste caso aquela sentencia que di que, algo terá a auga, cando a bendicen. Parece claro que os electores viron neles algo conveniente para os seus intereses e, xa que logo déronlles a súa bendición, o que demostra a importancia de quen bendice. De momento, o Xefe de USA, xa foi cualificado como populista, algo que aquí está moi mal visto polos nosos gobernantes, malia o que, o sr. Rajoy xa se apresurou a ofrecerlle a súa amizade e colaboración. Será correcto, pero resulta curioso, non si? 
 

Ignorancia

Te puede interesar