Participar

Nunha das miñas anteriores “Visións”, falaba eu do xogo e dicía que, a verdadeira responsabilidade estaba en “non xogar” Mais teño que sinalar unha excepción na que, participar, debería ser considerada como unha verdadeira obriga moral, mentres que a non participación coido que podería ser entendida como un atentado aos dereitos dos demais. Estou a me referir ao “Xogo Democrático”, ese que se practica cada certo tempo metendo unha papeleta nunha urna, e que che permite escoller aos que durante un mandato, van ser os que dirixan a túa vida, cara adiante ou cara atrás. Xa sei que é moi difícil acertar si só eliximos a unha persoa, pois pode haber varias merecentes de creto, pero hai que pensar en elixir a quen propoña un sistema de vida, o máis xusto posible para os que menos teñen e, lembrando as súas accións anteriores, de trampas, estafas, roubos e insultos. E xa que logo e aínda co risco de equivocármonos, hai que “xogar” . Porque, como alguén dixo, renunciar “non é unha opción”. Abofé que non.

Participar

Te puede interesar