A tempo

|

Debo recoñecer que me teñen asombrado –en positivo– algunhas das últimas propostas verbais do actual alcalde de Cedeira vistas ultimamente nos xornais.
Recuperación do patrimonio, aposta pola natureza, turismo ornitolóxico, por certo, con grandes potencialidades e nada desenvolto, creación de variados servizos sociais para distintos sectores da poboación. Falar non ten cancelas –in principio erat verbun..-– pero para a gran maioría, facer, segue sendo a millor forma de decir. Todo e importante, mais como é lóxico, dende esta columna pideselles que fagan realidade tanxible as cuestións deficitarias, urxentes e prioritarias relativas ó ámbito do social: ampliación da gardería, centro de xuventude e centro de día para maiores. Non se aplicaron nada nesta tarefa e a un ano vista dos vindeiros comicios municipais terán que traballar moito a última hora para cumprir a súa palabra, mais ainda están a tempo.

 

A tempo