Das viaxes simbólicas

Non hai viaxes máis temerarias e arriscadas que aquelas que se empezan, unicamente, cun billete de ida. Os que nunca preparan o retorno, teñen máis de soñadores e de iluminados, que de avezados descubridores de mundos paralelos.
Hai viaxes que precisan máis maletas. Tamén máis planificación e estudos detallados de esforzos e carencias. E por suposto, fuxir de posicionamentos previos de imposicións e desencontros. Proposición, resolución e avance, debera ser o tridente operativo que dirixa as accións, preservando o cerne/pedernal das cousas compartidas. O feito de construir espazos de concórdia, e acordar novos esquemas que teñan a virtude de servir para un roto e para un descosido, debera ser o acerto maxistral, dos que fan da Política, a arte non facer infelices aos pobos.
Todo pasa e nada queda, agás o pálpito afectivo e creativo da intuición primixenia, do sentimento de pertenza. Latexos elementais que fan nacer paixóns e tenruras. Sementes básicas que protexen de medos ancestrais, das ausencias e dos duros invernos.
Seguimos no punto morto no que encallan as conversas de ollomois. Na fase nebulosa do nin contigo nin sin ti, ou do nin vou nin veño... E o tempo pasa e as empresas marchan, e a sociedade perde folgos e descubre manipulacións e castelos de naipes. Agardemos que a Comisión Para a Reforma da Constitución que acordou Pedro Sánchez, sexa o alfa que permita alcanzar, finalmente, a omega.
El pensouna dende o inicio da viaxe. E desexou que estivera en cada cada paisaxe e cada horizonte. Non podia non sentila. Nin quería deixar de facelo. Nunca.

Das viaxes simbólicas

Te puede interesar