Distintas varas de medir

Nada hai máis democrático que consultar o pobo. Xa que logo, por que ten que ser ilegal o referendo catalán? Entendo que o que o pode poñer fóra da lei son as medidas inamovibles dun goberno centralista que nunca escoita a xente, sexa esta catalá ou madrileña, e que se nega a dialogar. Sorprende que a vicepresidenta do goberno español fale de “patada á democracia”, en referencia ao ocorrido no Parlamento catalán, e non se decatase disto mesmo cando o PP tiña maioría absoluta e aprobaba normas en contra do resto da Cámara, pensemos na lei Mordaza ou na Lomce. O argumento de que non se pode ir contra a legalidade vixente é irrisorio. Afortunadamente sempre se fixo -e por iso avanzamos- cando se consideraba imposible modificar leis contrarias a un determinado asunto ou colectivo. Pero ben, pobriños cataláns, o goberno faino polo seu ben para que poidan seguir na súa marabillosa Europa e conta ademais coa independencia do poder xudicial para disuadir, pola vía penal ou económica, a quen faga falta.
 

Distintas varas de medir

Te puede interesar