TIROS

Parece que ao Partido Popular estanlle a saír os tiros estratéxicos pola culata, pois entre dar consellos desafiantes e ameazar con algunha lei que parece pouco democrática, as cañas estánselles volvendo lanzas. Por unha banda, dixéronlles aos indignados que se deixasen de lerias e que participasen no xogo democrático; e velaí que parece que alguén recolleu a luva e xurdiu algunha formación que, se administra ben as súas posibilidades, pode desetabilizarlles o seu ben montado negocio político. Por outra banda, ameazan coa lei do partido máis votado e resulta que os partidos minoritarios decátanse agora da grande posibilidade que esa lei lles ofrece, se teñen o suficiente sentido común e xenerosidade, para aproximar posicións e se agrupar formando unha soa lista. En principio, iso parece bastante difícil, aínda que non é imposible. Xa me parece estar escoitando a algúns líderes do partido recomendarlles aos seus subalternos: “Non deades ideas, non deades ideas”.

TIROS

Te puede interesar