É un sistema miserábel

As novas tecnoloxías en neuroimaxe están demostrando, porque os seres humanos termos en moitos eidos, entre eles o ideolóxico, diferentes crenzas. Estes estudos conclúen, que as persoas con pensamento liberal, teñen máis materia gris, máis neuronas no cingulado anterior, unha rexión do cerebro, que ten que ver coa detección de conflitos e a súa resolución, mentres que as persoas que teñen ideoloxía conservadora, teñen máis materia gris e máis corpos neuronais na agmidala, que é unha rexión do cerebro, que ten que ver coas emocións entre elas o medo e a avaliación das ameazas. Máis é importante saber, que aínda que estes achados nas súas conclusións, son moi potentes, non son máis que probabilidades, non verdades absolutas e que despois todo isto, vai depender do propio individuo e do ambiente no que medre e desenvolvese, como din os autores desta investigación.

Porque quen no se recorda a Jose Mari, dirixíndose a todos nós, dicindo: Facerme caso, non podo dicir nada, termos probas, imos levar o desenvolvemento e o benestar a Irak ou quen non se recorda de Zapatero prometendo, que íamos levar a liberdade e o progreso a Libia, ámbolos dous para xustificar guerras, que o único que levaron foi a máis absoluta desolación e autentica miseria, sendo un ultra-conservador e o outro supostamente social-demócrata.

Fai un días coñecíase que cada cinco minutos, segundo a ONU, unha nena no Afganistán queda mutilada por mor ao conflito bélico, que quer políticos liberais quer políticos conservadores levaron a esa rexión do mundo. Poderíamos falar tamén, de como este ano por mor da Covid-19, perto de 150 mil nenas a maiores, posiblemente se infecten do VIH nos países sobre todo empobrecidos, que non pobres. Unha enfermidade para a que misteriosamente non hai vacina, a pesar de que xa apareceu fai perto de 40 anos e sen embargo, para A Covid-19 en menos dun ano, xa tiñamos media ducia de candidatas a vacina. Tamén poderiamos falar, de como os nosos políticos quer social-demócratas quer de calquera das dereitas, permiten que unha parte da nosa mocidade estráguese, inmersa no mundo das drogas, mentres as súas familias desángranse cheas de impotencia, rabia e dor, co único fin de protexer o sistema económico, sobre a dignidade da vida humana.

 Todo isto, o que ven demostrar realmente, é o miserábel que é o capitalismo e os políticos que o defenden. Un sistema que saca a relucir as nosas peores miserias, poñendo estas por diante da dignidade dos seres vivos. Porque a bioloxía sendo clara, soamente demostra que na gobernanza do mundo, queda por detrás do sistema. Lémbrome cando un dos Bush preguntáronlle que pensaba pola acusación e detención, dun dos mais altos cargos militares dos EEUU por asociación mafiosa e introdución de cocaína no país, este respondeu, que na caixa de mazás sempre hai algunha podre ante o cal, Chomsky e outros intelectuais, responderon, que o problema da aparición de mazás podres, é a caixa, a cal, podrece as mazás.

Porque o problema indubidabelmente é o capitalismo. Un sistema que é incuestionábelmente miserábel e mezquino.

É un sistema miserábel

Te puede interesar