Divorcio

Adóitase dicir que cando unha parella se separa, case sempre é culpa dos dous, engadindo tamén aquilo de que, “dous non rifan, se un non quere”. O caso do Goberno do Concello de Ferrol semella, como na novela de García Márquez, a crónica dunha ruptura anunciada. Eu tiven ese presentimento desde o principio, mais non polos meus coñecementos de política e dos protagonistas, senón polas experiencias vividas en outras ocasións. Seica hai unha maldición que impide o entendemento entre o PSOE e IU/EU, ambas pertencentes teoricamente ás esquerdas. Lembro o rexeitamento de Felipe González a entenderse con Julio Anguita; pode que aí comezara este enfrontamento fratricida que non beneficia a ningún dos dous e que prexudica gravemente aos máis humildes dos cidadáns. En calquera caso, chamarse de esquerdas é relativamente fácil; selo de verdade non parece moi doado. E non quito nin poño rei, pero querería axudar ao meu señor, que é o pobo de Ferrol. Que mágoa, verdade?

Divorcio

Te puede interesar