Mágoa que no haxe quen poida amallar a realidade, porque, se un o pensa ben, isto de chegar a vello ten moito máis que a contrapartida de que lle doan os xeonllos, se perda a vista ou xa nin se permita un chisquiño da sal na comida. Xa non digo máis, agora que precisamente estamos no tempo das laconadas. O do amaño non é, polo que se ve, cuestión só de incentivar os nacementos cunha axuda económica que pouco menos que dá para mercar uns pañáis, senón de no converter isto de ser nai e pai nunha precariedade máis das que xa estamos acostumados. E máis nunha cidade coma Ferrol, nosa pero tan lonxana a aqueles tempos en que os cativos dábanlle á pelota a escape do guarda municipal, e mesmo na rúa María, con pouco máis que unha ducia de coches aparcados e pola que transitaba algún que outro de cando en vez, tanto que daba tempo a tirar o penalti e aínda repetilo se fora necesario.