Rúas unitarias

|

As rúas son o espazo aberto e democrático onde a xente traballadora podemos afirmar o noso valor e as nosas capacidades para construír unha sociedade distinta, onde en vez dos recortes e dos céntimos sanitarios, das corrupcións e das privatizacións  haxa traballo, pan e benestar.  Toda unha revolución nesta sociedade apresada pola ambición do negocio privado duns poucos. Nesas rúas e convocadados pola Alianza Social Galega, cuxa matriz a compoñen os sindicatos de clase, este xoves saímos ás rúas a razonar outras políticas para a xente traballadora. O ataque da troika que executan os gobernos obedientes de Feijóo e Rajoy é global (recortes no ensino, sanidade, dependencia,  pensións, paro masivo, violencia material e simbólica contra as mulleres, castración e doma dos concellos, depredación territorial e insolidariedade) e polo tanto a nosa resposta política e social ten que ser colectiva, nun acordo que fragüe nunha amplia fronte política que constrúa un país habitable para a gran maioría social traballadora.

 

Rúas unitarias