De que vas, Pedro?

Sinceramente preocúpame pouco que se cumpran os prazos do AVE, que transfiran a AP9 ou que chovan freixós con Pedro Sánchez.
Isto non vai diso. Isto vai de dignidade. De que se hai 100M para gastar nun ferrocarril, que primeiro gasten a pasta en poder chegar en media hora a A Coruña antes que furar o monte de Brión e converter A Malata nunha piscina para que 2 empresas desfruten do Porto Exterior cun tren chu-chú.
Isto vai de que antes de meter 150M máis para evitar a disolución de Navantia, os gasten en facer un petroleiro aínda que sexa para cruzar o Atlántico en busca de tesouros. 
Isto vai de que antes de que nos transfiran a AP9 coa concesionaria de mochila anulen as prórrogas da súa explotación que España renovaba gobernase la izquierda o la derecha.
Isto vai de que cando nos din que non hai cartos preguntemos porque entón Amancio Ortega precisa vivir até os 280 anos gastando 1M de euros ao día para dilapidar a súa fortuna.
Vai de que se é certo que non temos recursos porque as eléctricas seguen explotando os nosos encoros pola cara. Isto vai de deixar de ser covardes e meterlle a man no peto aos que teñen a chave da porta que abre o noso futuro. E ti Pedro, de que vas?

De que vas, Pedro?

Te puede interesar