Asinemos xa!

Fai unhas semanas chegaba a min, unha nova que enchíame de ledicia ao coñecela. A Mesa Pola Normalización Lingüística ía a pedir ao parlamento galego, a través dunha iniciativa lexislativa popular, a creación de unha canle  Xabarín Club con contidos para as nenas e mozas e algún outro xa en idade madura, totalmente en galego as 24 horas do día na TVG.

Por qué, que galega de menos de 40 anos non desfruto na súa infancia vendo o Xabarín Club?. Un programa o cal, marcou a moitas xeracións polos seus contidos rompedores dentro do bo gusto, máis tamén pedagóxicos naquela época. Porque este programa posiblemente, poida compararse coa excepción da idade a quen vai dirixida, co recoñecido e premiado mundialmente Chavo do oito da televisión Mexicana, un programa este que como o Xabarín Club, tamén usa o humor para facer pedagoxía na rapazada, de unha sociedade máis xusta e máis de seu. Ademais O Xabarín Club ten entre os seus múltiples valores, o de unir en moitos dos seus contidos, a unha parte da comunidade da lusofonía, na que incuestionabelmente o galego pertence.

 Máis con certeza na presentación desta ILP no parlamento, A Mesa vai bater de fronte, con un goberno do PP, o cal, está máis preocupado en combater, todo o que sexa darlle igualdade de oportunidades na sociedade a nosa lingua Galega, que combater A Covid-19  e o dolo que está  a producir, ademais de renunciar como renuncia calquera desarraigado a falala incluso nos proprios actos oficiais na Galiza. Un Nuñez Feixoo que ante a lei Celáa, a cal, non é perfecta, máis polo menos enterra en moitos aspectos a lesiva, ofensiva e de absoluto desprezo para as diferentes nacións con lingua de seu, que hoxe en día están dentro do estado español, Lei Wert do PP .

É curioso e rechamante, que ante os múltiples problemas aos que nos enfrontamos neste país, incluso o da pandemia, o goberno do Sr Nuñez Feixoo sempre estea a por como escusa, ante súa ineptitude interesada, que non ten competencias (tampouco as reclama, como puidemos comprobar en todos estes anos do seu goberno, no que non reclamou nin unha soa competencia para Galiza). Máis ao día seguinte da aprobación da Lei Celáa, compareceu como puidemos comprobar ante os diferentes medios de comunicación, a dicir que ía reducila ao mínimo no noso país, porque tiña as competencias para facelo.

En definitiva é fulcral que a rapazada teña un espazo proprio, onde en ela poida empezar a agromar os  valores, moitos dos cales van rexer o seu comportamento dentro da sociedade de maiores e aprender a interactuar cos seus na lingua deste país, e para iso é fundamental, que esta iniciativa lexislativa popular, reúna decenas e decenas de miles de sinaturas, para deste xeito obrigar ao Sr Feixoo e ao seu goberno, a dar marcha atrás, no seu plan de anular e reducir a mínima expresión o galego, en tódolos ámbitos da vida do noso país. Conseguir isto depende soamente de nós: Asinemos.

Asinemos xa!

Te puede interesar