Mongo blanco

|

odo amante dos libros sabe que chega un momento en que a falta de espazo esixe facer expurgos dolorosos, de aí que nos últimos tempos evite comprar en exceso e bote man de bibliotecas e do formato dixital. Emporiso, ao chegaren as feiras estivais todo se complica. Desde comezos de agosto celébrase a cuadraxésima octava edición da Feira do Libro da Coruña e xa sucumbín a varios títulos, entre eles a novela Mongo Blanco, de Carlos Bardem, sobre o negreiro malagueño Pedro Blanco Fernández de Trava. Descendente de galegos, a súa biografía xa foi novelada en 1933 por Lino Novás Calvo, excelente escritor galego-cubano. Na presentación, Bardem falaba da necesidade de non normalizar a neoescravitude, tema cada día máis preocupante, e citaba as palabras da talvez futura presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso: “Hablar de empleo basura me parece ofensivo para el que está deseando tener ese empleo basura”. O lacerante é que semellante barbaridade non teña sido contundentemente contestada esixindo a exclusión desa persoa de calquera cargo político.

Mongo blanco