O cu e as témporas

Non se cansan desde a esquerda cada vez máis española e menos esquerda, de afirmar que os nacionalistas contrarios aos orzamentos do Estado están en contra do diálogo. Que non hai que mesturar o dereito de autodeterminación coa aprobación dunhas contas anuais. Xunto a eles a mediática pregoa o que nos perdemos por culpa do disparate independentista. É curioso que quen criticaba que os cataláns se queren ir por diñeiro, agora nos conta que o importante son os cartos! Pero sabemos que os cartos axudan pero non dan a felicidade, que se pode vivir sen cartos pero non sen dignidade e se tes aos teus no caldeiro por facer política como vas falar de cartos sen perder o respecto do teu pobo? E nós fariamos ben en cavilar porque nos manifestamos o 4 de febreiro. Porque o problema da sanidade non é só un presidente da Xunta “de derechas”. O problema é que a esmola que o Estado nos “regala” nos seus orzamentos non cubre as mínimas necesidades dos galegos nin de lonxe mentres España nos sisa miles de millóns ao ano dos nosos impostos. Por iso cando te decates de que a sanidade xa está privatizada, que te xubilas aos 72 ou que a túa pensión e ridícula comprenderás porque loitaba Catalunya e os e as nacionalistas.

O cu e as témporas

Te puede interesar