Intolerancias

|

o número de persoas que manifestan intorelancias alimentarias vai en aumento ano a ano. Isto demostra que non é un problema individual, senón de toda a sociedade. Do mesmo xeito que non todos percibimos na mesma medida a manipulación á que somos sometidos diariamente polos poderes económicos, tampouco todos os organismos activan da mesma maneira os mecanismos de defensa perante axentes tóxicos, ben sexa o exceso de gluten, a supresión dos períodos necesarios de fermentación ou o emprego de aditivos e conservantes perigosos. Pero en vez de perseguir os causantes de tales agresións -cuxo único fin é lucrarse máis rapidamente- os esforzos diríxense a tratar de curar persoas que realmente non están enfermas. Acaso non é posible o control da industrial alimentaria ou polo menos a esixencia dunha etiquetaxe veraz e pormenorizada? Indicar que un produto leva sulfitos ou calquera outro conservante non é suficiente. Acaso todos os viños do mercado levan a mesma porcentaxe? E que dicir de etiquetar galletas de “avea” cando esta representa o 10% do total do produto?

Intolerancias