Relixión, para que?

Nunha sociedade laica como é actualmente a europea, as relixións non deberían ser un estorbo para convivencia social como ten ocorrido algunha vez; sempre, por suposto, que os seus fieis e as xerarquías se comporten de un xeito ordenado, respectando a legalidade e as liberdades establecidas na sociedade. Porque non é certo que a fe sexa cega do xeito que se viña mantendo ata non hai moito tempo. Agora hai máis luz. A Igrexa xa vai comezando a ser unha casa coas portas abertas para todos. Tamén para os non crentes que poden ser e sono de feito boas persoas e queridos por Deus, como apuntou o papa Francisco non hai moito. Non sei se preferentemente queridos como apunta a parábola da ovella perdida do Evanxeo dicindo que o pastor deixou as noventa e nove y foi tras da que se perdeu ata que a encontrou. E logo houbo festa. O que sobra na Igrexa é o poder. Este é sempre espurio e negativo. Caso a  parte é o chamado “estado islámico”, fanático e criminal. Pero tampouco unha Igrexa secuestrada polo poder clerical romano que viña dando mal exemplo. A Igrexa predicaba o amor de Deus para todos e ao mesmo tempo sentenciaba á condenación do inferno a unhas criaturas humanas ignorantes e débiles. O sentimento relixioso é un algo que comeza a aparecer no interior das persoas, pouco despois de que a humanidade se puxera en camiño para subir dende a África profunda á busca do norte no que intuían mellores condicións de vida. Un retrato que de un xeito algo semellante repiten agora os que chegan do Este a esta Europa que os rexeita ou os acolle á forza. Todos os seres humanos nacen con un algo que aniña dentro, no máis escondido do que chamamos intimidade humana. Aquí chamámoslle relixión. E nin os máis agnósticos poden asegurar que están libres de ese sentimento. Non é fácil de expresar en que consiste. Só cada quen pode intuír o que sente. Pero a relixión ten tamén a súa expresión externa e social consistente en celebracións e encontros. Así empezou, e tamén fallou e falla atrozmente no chamado Estado Islámico. Foi Xesús de Nazaret, persoa humana respectada non mundo enteiro, quen constituíu o símbolo máis apreciado pra encontrar o camiño verdadeiro da relixión. El enfrontouse ao poder do Templo de Xerusalén e superouno subindo ao Calvario para morrer na cruz.  
 

Relixión, para que?

Te puede interesar