Cerros

|

Os de Úbeda, en Jaén, son moi coñecidos por seren usados como desculpa,  ou para xustificar o inxustificable. “Polos Cerros de Úbeda” saíu o director xeral de Industria da Xunta hai uns días, cualificando de “legal, segura e absolutamente necesaria”  a planta de Reganosa. Eu non poñerei en cuestión a necesidade desa planta, pois persoas máis informadas xa a definiron como innecesaria. Porén, debo insistir na ilegalidade declarada polo Tribunal Supremo do Estado en maio do 2012 e, na falsidade de calquera documento, se o hai, que indique que esas instalacións non son un prexudicial impacto ambiental paisaxístico. En canto á seguridade, alegar que conta con todos os permisos das administracións, cando hai a cotío accidentes relacionados co tema, é un argumento tan infantil, que non serve para tranquilizar a ninguén que coñeza as dificultades de navegación na ría. Xa que logo, parece que o sr. director anda perdido polos Cerros de Úbeda. Pois por min que se quede. 

Cerros