PAPARROIBO

Non sei se “The Times” conserva eses lectores tan teimosos que informan puntualmente da aparición do primeiro paporroibo do ano nunha paisaxe aínda coberta pola neve. En inglés o paporroibo chámase “robin” e hai unha canción que di: “Love to hear the robin go tweet, tweet, tweet”. O paporroibo é un paxaro fermosísimo, cunha mancha vermella no peito para xustificar o nome.

O meu primeiro paporroibo deste ano, sen neves nin chuviasa, apareceu diante miña o sábado. E eu quero informar aos meus lectores, ornitólogos ou non mais xente sensible diante da beleza, tamén da máis humilde, do feito. E andaba este paporroibo por un ambiente urbano, petiscando no céspede dun centro de saúde, a un pasiño dunha vella fábrica da que a especulación urbanística aínda non deu feito carreira. E petiscaba o paporroibo, o vermello do peito a lle brillar ao sol, en non sei que cousas que lle oferecía a herba.

E eu pensaba ao velo, acompañando a unha perxudicada que precisaba atención médica, no sabia que é a vida, ao encher os seus ciclos de contidos e máis de protagonistas. Como este paporroibo, alleo ao estrondo e máis á carraxe do noso labor cotián, atento ao seu. A estas reaparacións cando se vence o inverno e hai lectores ingleses que informan a “The Times”, e eu fago o propio con vostedes, meus amigos de todos os días.

PAPARROIBO

Te puede interesar