RESCATE

|

O Parlamento español vén de aprobar o novo “rescate” de Grecia, unha vez que Syriza aceptou as condicións da UE. Rajoy podía aprobalo de seu. 
Pretende trasladarlle á opinión pública un fracasado “non hai política alternativa”, á marxe de que un considere que o Partido Socialista debera terse desmarcado moito máis, tanto do Goberno como da socialdemocracia alemá. Tamén é certo que Tsipras deixa pouca marxe para isto. 
Está ó fondo as vindeiras eleccións xerais, coa posibilidade dun goberno de esquerdas presidido por Pedro Sánchez. Iso si, cunha fonda reordenación nas esquerdas. Segundo as enquisas do CIS, no campo progresista os socialistas van por diante de Podemos nas clases traballadoras e nas medias. Curiosamente, Podemos avantaxa ao PSOE nas clases altas e medias-altas. Aínda así, a correlación será moito máis equilibrada que a que tiñan PSOE e IU.
 

RESCATE