Os Maios

Unha vez máis, chegan Os Maios e así os podemos vivir grazas ás xentes do barrio de Canido. Unha vez máis, as súas rúas énchense de cores, vida e unha aposta colectiva por se diferenciar e marcar a súa propia identidade. Isto converte a Canido nun referente necesario, dunha cidade que como Ferrol necesita verse en positivo.
É este un barrio para ocupar as súas rúas e terrazas. Os seus recunchos, e máis en festas e nesta ocasión a combinación dos Maios co apalpador de por medio, da música e da feira da artesanía, foron unha invitación feita pola veciñanza ao conxunto da cidadanía ferrolá. 
En Canido están a crear calidade de vida, á que se suma a (incompleta) recuperación grazas ao Urban iniciado en tempos do alcalde Irisarri. 
Denota o barrio saber vivir e participar dun proxecto colectivo, saber sumar as súas individualidades e singularidades. Parabéns.

 

Os Maios

Te puede interesar