lgúns, que indubidablemente somos privilexiados porque aínda temos onde traballar, tivemos as vacacións nas primeiras etapas do desconfinamento.
Pero, decidimos non marchar, non por falta de gañas, nin sequera por temor a ser contaxiados, senón –sinxelamente– por temor a que un rebrote nos collera fóra da casa e obrigárannos a quedar, de novo, confinados e sen data determinada para volver a Ferrol.
Supoño que para moitos isto é unha esaxeración, pero quizais optamos pola vella forma á antiga. Ás veces, o mellor está preto da casa.
Acaso non temos as mellores praias e areais, non temos marabillas nos camiños da nosa natureza? Onte falaba cunha amizade dunha ruta ao longo do Xuvia e a Presa do Rei; na miña cabeza agolpábanse os vellos veráns pasando alí as tardes, cando os máis maiores atravesaban madeiros entre as ramas das árbores e saltar desde aí (quen se atrevía) para nadar no río.