Biblioterapia

Lecturas saudables, é un proxecto promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade coa colaboración da rede de bibliotecas públicas, colexios profesionais e outros. 

Consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento persoal, principalmente para apoiar os tratamentos de trastornos mentais e problemas emocionais. Axudar a afrontar os problemas de saúde e mellorar o benestar, a través da información que permite entender mellor as situacións, e por tanto, desenvolver respostas basadas na resiliencia.

Consta dun total de 142 libros recomendados e a disposición de pacientes, familiares e poboación en xeral, catalogados segundo diferentes trastornos ou idades e con temáticas de autoaxuda, psicoeducación,novelas e libros de non ficción. En Ferrolterra, tamén podemos atopar un libro para cada necesidade, no servizo de psiquiatría do Hospital Naval. 

Biblioterapia

Te puede interesar