O LUDIBRIO DA NOVA POLÍTICA

|

Achegada de novas formacións ó sistema político supuxo un revulsivo ilusionante que se está a transformar nun desencanto total. As bases son consultadas só cando á dirección dos partidos lles convén para aprobar ou desaprobar coalicións sen coñecer sequera as condicións do pacto. Os dirixentes saben ben como preguntar para obter a resposta desexada. Non hai máis que ver a consulta de Pablo Iglesias aos seus: “¿Quiere un gobierno basado en el pacto de Rivera y Sánchez?” ou ¿Estás de acuerdo con la propuesta de gobierno de cambio que defienden Podemos, En Comú Podem y En Marea?” A escasa participación dos militantes nas consultas, e a aceptación do dirixismo nas preguntas, fannos tamén responsables da política que están deixando facer. No previsible pacto entre Podemos e IU de cara ós novos comicios é difícil entender que, atendendo ás previsión estatísticas, os de esquerdas, isto é, IU,  non xoguen mellor as súas bazas. Ou acaso Podemos ten algunha posibilidade de mellorar os seus resultados se non é contando con eles?

O LUDIBRIO DA NOVA POLÍTICA