e frores cuberto.../ puxéronse á porta cantando os nenos...”. Se algún aspecto caracteriza ao mes de maio é o da conexión entre lingua e flores como eixo da proxección no futuro da lingua e cultura. A primavera como reivindicación do rexurdir do que semellaba desaparecido e os maios, como representación dese percurso, ocupan na nosa cidade un papel relevante.
O vindeiro 10 de maio os nosos pícaros encherán cos seus maios a Praza de España e o himno “ Ferrol de frores cuberto” será, acompañados por Pakolas ,unha regalía de emoción nas súas voces. E subliñar a implicación e traballo dos mestres, é de xustiza.
Os anos anteriores o éxito desta festa cargada de primavera truncouse por mor da chuvia. Este ano todo apunta que vai ser un éxito. Aproveito , esta pequena xanela, para agradecerlle a Xil López Sánchez e a CNLCA o seu intenso traballo a prol da recuperación desta tradición.
“...cantádeme un maio sin bruxas nin demos...”