Asombroso

Don Pablo Iglesias gusta do papa Francisco, ou iso me pareceu terlle escoitado en varias ocasións. Eu non. De entrada, tanto porque ostenta a xefatura dun Estado independente que naceu após o recoñecemento como tal polo goberno fascista de Benito Mussolini, como porque non vexo suficientemente clara a súa posición durante a terrorífica ditadura arxentina. En días pasados, o Papa declarou que os estados debían ser laicos , mais, iso si, esa laicidade debería ir acompañada dunha lexislación que garanta a liberdade relixiosa. Ata aquí concordo, mais sen perder de vista que o dixo en referencia á laicidade francesa, que, segundo aprecia, considera as relixións subculturas. Penso que culturas son. Provócame certo desconcerto que iso o diga a cabeza visible dun Estado absolutamente confesional católico, se ben moito máis desconcertantes son as declaracións do señor Cañizares, arcebispo de Valencia, chamando a desobedecer leis. Nada menos que a lexislación de quen o mantén. A el e ó conxunto da igrexa católica española. E Francisco, que dirá?
 

Asombroso

Te puede interesar