Dimisións

A Pedro Sánchez chóvelle por todas partes. Que eu saiba, nunca houbo neste país un candidato tan vilipendiado por diferentes persoas e sectores da sociedade. Unha grande maioría apostou nas urnas polo cambio, pero despois foi o señor Sánchez o único que traballou para acadar ese cambio. Chamáronlle soberbio, prepotente, teimudo e moitas cousas máis; dixeron que tiña que dimitir polos malos resultados nas votacións e agora, din que debera absterse, e cúlpano de prexudicar ao país e dividir ao seu partido. Mais a cuestión é que, ninguén pode garantir que con esa abstención vaia mellorar o país e a vida dos que peor o están pasando. E na división do partido, non estaba xa bastante dividido desde que “o da chaqueta de pana” cambiou de chaqueta por outra de máis categoría?. Ou non é verdade? Por outra banda, penso que non debería dimitir, senón seguir co seu “no es no”, obedecendo aos que o votaron e obrigando a todos eses falsos socialistas a que o botaran. Pois si.  

Dimisións

Te puede interesar