PAISAXE

Algúns domingos aparece nos diarios un anuncio da Xunta de Galicia, con dúas fotografías dun mesmo espazo e diferentes aspectos: “Desfeita” titúlase unha e “Ben feita” a outra.

A min paréceme unha boa idea que o goberno da Xunta se preocupe pola nosa paisaxe e pola rehabilitación dos nosos espazos naturais, dando exemplo en algo que verdadeiramente é tarefa de todos.

Agora ben, gustaríame saber quen impón o criterio de desfeita e ben feita, sobre que premisas se establecen eses conceptos e se hai diferentes normas segundo os espazos tratados ou os afectados polo tema en cuestión. Eu estaría encantado de que a próxima vez aparecesen no anuncio outras dúas fotografías: Unha da costa mugardesa con Reganosa (Desfeita) e outra da mesma zona sen Reganosa (Ben Feita). Mais estou seguro de que iso non vai suceder, pola ¿miopía? dos nosos gobernantes e porque a tarefa da paisaxe galega é unha tarefa de todos, “pero de uns máis que dos outros”.

PAISAXE

Te puede interesar