A enerxía dun furacán

esta tempada meteorolóxica está intensamente marcada polo grave impacto destrutivo que se debe á virulencia natural desa cadea, a modo de convoi sen fin, que constitúe o longo tren de furacáns que asolan as terras caribeñas e norteamericanas. Outro tanto está a suceder na área dos océanos Pacífico e Índico, porén o seu coñecemento e difusión está afastado ás noticias menores da prensa. Para alén do inevitábel suceso catastrófico, do fenómeno podemos tamén tirar metáforas extensíbeis á vida política e social. Velaí o mecanismo equivalente na produción da enerxía que fai deste sistema de choiva e ventos unha máquina destrutora infernal.
Para situar a cuestión: Furacán é un ciclón tropical que se caracteriza pola alta velocidade do desprazamento e porque o centro de acción ten presión moi baixa, movéndose na dirección á contra das agullas do reloxo, no hemisferio norte; a favor na parte sur. Estruturalmente, é un gran sistema de nubes en rotación, vento e tormentas. A súa xénese parte dunha débil perturbación atmosférica cando se dan unhas moi concretas condicións e van desenvolvendo o seu crecemento á medida de coller máis extensión sobre auga cálida, propicia para o aumento da súa intensidade. O cativo po sa sabana africana pasado pola masa da auga cálida do trópico atlántico remata na outra parte do alén mar, nunha ruta previsíbel mais imparable de frear.
Así, os destrutivos Irma e Harvey que tanto dano causaron; o actual María e o seu predecesor Xosé, nunha denominación casual á que só lle falta “El Niño” para conformar a nomenclatura da Sacra Familia, son proba de que os furacáns fórmanse cándo a enerxía expulsada pola condensación de vapor de auga presente no ar cálido en elevación causa un bucle de alimentación positiva sobre as augas mornas dos océanos. Aquí, neste proceso mecánico, atópase un fenómeno de realimentación: O ar quéntase, elevándose aínda máis, o que conduce a máis condensación. Ese ar que flúe de cara ao exterior desa cheminea vén de volta á superficie, formando ventos moi fortes. Unha forza imparábel que arrasa ao seu paso.
Por iso, no ámbito de moitas ciencias, incluída a socioloxía, a expresión “efecto de realimentación” ou retroalimentación indica a cantidade de enerxía que se transmite ao polo de signo contrario; igual e mesmo máis intensa que a que sae da fonte emisora. Unha enerxía que virá de volta polo efecto búmerang. Cataluña.

A enerxía dun furacán

Te puede interesar