O Bloque non tivo uns resultados satisfactorios na repesca das eleccións xerais nin votando en clave galega nin estatal. O problema que ten agora a formación nacionalista é que se quere parecer á Marea tanto nas formas como na mensaxe. E iso tampouco funcionou ni a uns ni a outros. O abandono do traxe no hemiciclo non tivo reflexo nos sufraxios. Pero máis alá do vestiario, os nacionalistas non deberían asumir todo o ideario das mareas, xa que, por definición, ocupan electorados diferentes aínda que sexa xogando pola mesma banda e cun líbero, o PSdeG, que saca proveito da dispersión. O estraño é que o PP non intente dar folgos ao BNG para minar máis a ala esquerda e descompensar así aos seus rivais. En todo caso, a saída do Congreso e a posible baixada en escanos no Parlamento vai pasar una factura importante. Galicia necesita una forza autóctona plena que non estea condicionada polo sube e baixa, pero agora van pasar anos de baleiro.