Agotamiento

Teño a sensación de que a campaña electoral ás autonómicas non semella interesar como noutras ocasións. Supoño que porque esto de facer fronte, nun so ano, a catro procesos electorais xa abonda, e porque tal acumulación, agás de supoñer un agotamiento para o electorado, tamén está a transmitir a vella idea de que este país non o goberna nin dios como non sexa cunha maioría. E refírome ó caso de Estado, non de Galicia, onde –supoño que como noutras autonomías– os papeis están se acaso algo máis claros porque temos máis experiencia cun goberno de minorías. E iso sucede a nivel local de xeito cuspidiño pero aínda se acaso máis primitivo. O certo é que parece enterderse moito mellor entre sí a dereita que a esquerda e mesmo o PP co PSOE. Moito ten que ver a intelectualidade nestes extremos... (no bó sentido da verba, enténdase por favor, é dicir, con todo o respecto ós intelectuais). E é que, dos outros, dos que pensan de máis, entre os que hai moitos xornalistas televisivos especializados en darlle á volta ás súas opinións cando non sae o que eles dixeran con anterioridade, xa abonda. Talvez por iso tamén esta cousa do corpo e da mente de sentirse sen forzas.

Agotamiento

Te puede interesar