Centenario

Organizado por Navantia, estase a celebrar o centenario da Escola Obreira, creada pola “Construtora Naval”, que comezou a funcionar no 1915 na rúa do Sol, pasando no 1916 ao interior do estaleiro, nun precioso edificio construído a tal efecto e que  foi demolido, sen necesidade e sen explicación posible. E ademais da Escola Obreira, é obrigado facer unha referencia ás Escolas de Aprendices, como unha continuación ao cometido da primeira. Falar destas escolas esperta en min unha emocionada e agradecida lembranza de todo aquilo que foi e que xa non é, pero tráeme tamén varias preguntas para as que non son quen de atopar respostas. Por exemplo: Por que desapareceron esas escolas? Non poderían ter sido actualizadas? Acadaría a nosa construción naval a calidade da que hoxe pode presumir, sen aquela formación primaria? De calquera xeito, a eficacia daquelas institucións está máis que comprobada. E o cariño e a nostalxia dos que por elas pasamos, tamén. Dou fe.

Centenario

Te puede interesar