RECIMIL

O Concello de Ferrol ten anunciada unha serie de grandes obras, entre as que non se atopa a rehabilitación das Casas Baratas do barrio de Recimil, malia ter sido aprobada tanto no Parlamento Galego como no propio Concello.
Mais semella que, a xuízo do actual goberno do PP, esta non é unha obra importante para Ferrol, aínda que sexa importante para moitas familias que se atopan sen un teito baixo no que acubillar aos seus fillos. Este abandono ao que están condenadas as casas e as persoas conduce ao esperpéntico caso de “xente sen casas e casas sen xente”, que xa foi denunciado en varias ocasións por diferentes asociacións cidadás.
Parece que Recimil xa non é un problema, agora que desapareceu o Bambú Club, como mostra do poder dos atributos varonís daqueles que xuraron borralo do mapa. E velaí o que imos atopar durante moito tempo: un solar baldeiro como homenaxe a un edificio que resistiu durante vinte anos en estado de “ruína inminente”. ¡Mentireiros!

 

RECIMIL

Te puede interesar