A POLÍTICA DO MEDO

Aimplantación por parte da Generalitat dunha web dos Mossos d’Esquadra, na que se convida á cidadanía á delación con fotos de persoas aínda sen xulgar e inclusive a menores ten unha semellanza a aqueles somaténs de principios do século XX. Logo as medidas de caverna que queren tomar algúns ministros coartando as liberdades: encadearse cos brazos a modo de protesta será considerado un atentado á autoridade; penalizar aos sindicatos e partidos polos danos causados polos manifestantes; convocar protestas por internet, pode ser delito de integración en organización criminal.

Onte en Barcelona denunciaban controis “ideolóxicos” ante o cumio dos banqueiros do Banco Central Europeo. Mossos d’Esquadra, Policía e Garda Civil estarían identificando a xoves. Pecharon a fronteira á libre circulación por si existe unha ameaza de orde público, reforzo de 2.300 policías e 1.200 gardas civis. Para máis “inri” Rajoy sae dicindo: “Cada venres continuaremos as reformas. O venres que que vén, tamén”.

Agora quere cargarse debate do estado da nación. ¿Será para o noso fumador de puros necesaria a democracia? Isto é unha estratexia do medo para desactivar a mobilización contra o desmantelamento do Estado social. Están a favor de volver a taparlle a boca á liberdade. Estas iniciativas represoras son formas de ditadura. Os pasos que nos leva a ese destino son zancadas de xigante. Poderán poñer barreiras e candados a liberdade, pero a miña mente sempre será libre.

A POLÍTICA DO MEDO

Te puede interesar