Corresponsabilidade

|

A convención sobre os dereitos da infancia determina que é responsabilidade primordial de nais e pais a crianza das fillas e dos fillos.Establece tamén a obriga dos estados a respectar o dereito dos menores a manter relacións persoais e contacto directo con ambos proxenitores de modo regular.Na actualidade no que o modelo de familia mudou de forma radical é necesario dar resposta a unha realidade social na que miles de nenos e nenas se ven afectados pola separación dos seus ascendentes.É preciso que segan a ter unha relación axeitada e normalizada con ambos e coas súas familias extensas.En Valencia,Catalunya,Navarra,Aragón e Euskadi introduciron a corresponsabilidade familiar nas súas lexislacións.En Galicia é a sociedade civil,a asociación de nais e pais separados,a que inicia unha campaña de recollida de sinaturas para defender no parlamento a proposición de lei. 

Corresponsabilidade