Divagacións

Por se fora pouca a maldición do Coronavirus que nos aflixe hai case un ano, estamos a sufrir estes días os efectos demoledores dunha borrasca chamada Filomena, sobre a xa moi grave situación do noso país. Toneladas de neve xunto con  temperaturas moitos grados baixo cero, arrasan a península con efectos devastadores para a vida cotiá. ¿Haberá algunha relación entre o Coronavirus, a maior pandemia que se recorda, e Filomena a borrasca meirande en varias décadas?. Práceme barallar a posibilidade de que as baixas temperaturas de Filomena acaben co Covid-19.

Que está a pasar neste mundo de nós?. Nuns intres en que tódolos países están moi preto da recesión, ¿como se explica que China, con 1.400 millóns de habitantes acade as máis altas cotas na economía, na sanidade e mesmo no armamento?. Non esquezamos que este país foi o primeiro sospeitoso, de ter propagado, voluntaria ou accidentalmente, o virus que hoxe invade o mundo enteiro. Polo que se le, un ten a magoante sospeita de que algo se nos está a ocultar, cando non a mentir, sobor o que pasa no mundo. Proliferan as noticias falsas, tendenciosas e sen sentido. Por poñer un exemplo, ¿como se lles ocorre a algúns, chamados negacionistas, poñer en dúbida a existencia dunha pandemia que anda polos cen millóns de contaxios e dous de mortos?. Eu non alcanzo a maxinar que intencións ocultas, ten esta negativa.

En outro orden de cousas abondan, cada vez máis, novas informacións sobre vida extraterrestre dende misteriosas sinais procedentes doutras galaxias, ata a aparición dun obxecto non identificado (OVNI) descuberto por un astrofísico da universidade de Harvard nos EEUU.  O seu descubridor e mesmo o seu equipo de colaboradores, defenden apaixonadamente a teoría de que é unha nave interestelar que, despois de cumprir unha determinada e descoñecida misión, permanece inerte na inmensidade do espacio exterior. Puxéronlle o nome de Uamuamua que quere dicir en hawaiano, primeiro explorador dun lugar lonxano.

Despois de ler estas e outras moitas teorías sobre o mundo exterior, un chega á conclusión de que, na terra, vivimos de milagre e de que estamos abocados a un cataclismo que nos faga desaparecer do universo, e isto dá moito que profundar.

Cuidándote ti estásnos a coidar a todos.

Divagacións

Te puede interesar