Plásticos

|

Coido que o plástico foi un grande invento no seu momento, mais semella que está a se converter nun ameazador problema pola súa difícil eliminación. E digo eu se non sería posible que os químicos o fixeran máis durable e resistente, no canto de eliminalo. Así poderíanse facer pezas como tapas de rexistros e sumidoiros, de duración case eterna, que puidesen soportar grandes pesos. Estas pezas serían moi útiles en beirarrúas como a miña, que ten unha morea deses rexistros e así os camións poderían seguir aparcando con toda seguridade e comodidade para eles. Este feito de subir os camións na beirarrúa contrasta coa corrección dos condutores dos autobuses, sempre respectuosos con esta norma de tráfico. Penso que é de xustiza salientar o civismo e a amabilidade destes traballadores, que realizan un importante servizo para a cidadanía en xeral. E, xa que logo, e aínda que non sirva de moito, mándolles un agradecido saúdo. Porque é de lei. Paréceme a min, claro.  

Plásticos