Egolatrías

En días pasados, soubemos das violentas revoltas que tiveron lugar en Burundi, por mor de que o presidente, o ultraconservador cristián Pierre Nkurunziza, líder do  Consello Nacional para a Defensa da Democracia, ten a intención de presentarse a un terceiro mandato de cinco anos, cando a Constitución os limita a dous. Unha década, que xa non é pouco. Fronte a isto, sabemos que por estes nosos lares non son poucos os alcaldes ou alcaldesas que levan ocupando o cargo cinco lexislaturas. Máis da metade do tempo que Franco exerceu de ditador. E polo Estado adiante máis do mesmo. Mala cousa. Agora ben, a min faríaseme moi difícil ter que votar a quen fai o ridículo para conseguir votos ou a quen, no summum do ego, mesmo chega a colocar unha foto propia como logo dunha candidatura. Paréceme pouco digno tanto ir nunha lista así como votala. Na nosa comarca non hai tal e podemos votar con dignidade total tanto Ferrol en Común, como EU en Mugardos, Cedeira, Narón e Fene. É obvio que non precisan de logo-foto. Velaí a miña opción.

 

Egolatrías

Te puede interesar