As Letras

Unha outra vez e xa van unhas poucas, os ferroláns témonos que conformar vendo relegado da dedicatoria do “Dia das Letras Galegas”, ao noso paisano Carballo Calero, sen que ninguén faga algo máis que unha tímida protesta por este inexplicado feito. Porque aínda que non son experto no tema, teño lido e escoitado a xente entendida, que o noso candidato reúne méritos máis que sobrados para que se lle conceda dito galardón. E non se trata de xulgar a categoría dos outros escollidos, senón de darlle a cada quen o recoñecemento da súa valía. Quizabes poderíase, desde Ferrol e de xeito institucional, esixir a quen corresponda, unha explicación do por que, deste rexeitamento implícito. Por outra banda, no canto da indiferenza ou da suave queixa, coido que habería que facer algo máis, por exemplo, artellar o “Día das Letras Ferroláns”, dedicado en primeiro lugar a don Ricardo, e despois a quen corresponda, que xente con merecementos hai dabondo. Digo eu, claro, pero....

As Letras

Te puede interesar