Finanzas

|

emella  que as finanzas son unha arma máis eficaz que a policía ou a garda civil para facer entrar en razón a calquera independentista que non teña asegurado o seu sistema económico. O cambio da sede dun banco ou o traslado dalgunha grande empresa pode facer o milagre, sen feridos nin presos. E ao mesmo tempo, envíase un recado a futuros “navegantes”. En calquera caso, pase o que pase, xa nada seguirá igual. Persoalmente, a min quédame a impresión de que Cataluña non me quere; é unha desagradable sensación de rexeitado. E coido que nunca lles fixen mal, nin a Cataluña nin aos cataláns, a non ser que non son “Culé”,  aínda que debo aclarar que tampouco son “Merengue”. Nese eido, son “Verde” desde antes de nacer. Cousas da vida! Por outra banda, penso que non lles roubei nada aos cataláns, nin sequera ese AVE, no que seguramente nunca subirei, o que algún deles non quería que tivésemos e que, por aforrar cartos, pagámolo con vidas. Pero “la pela es la pela”, non si? 
 

Finanzas