O PORTEIRO

Rey Varela regaloume dúas entradas para compartir. O alcalde permíteme escoller entre os cidadáns desta cidade quen ten dereito a asistir ao pleno do Concello. Eu non tiña ese privilexio sobre os meus veciños, agora si o teño. Así se constrúe o poder, así se limitan as liberdades nunha sociedade, así se reduce a calidade democrática das nosas institucións.
Nunha mañá converteume en porteiro dese club sAocial no que se pretende transformar un acto que marca a vida política e a xestión de Ferrol. Esa é a resposta que se dá a colectivos como os traballadores do naval ou de Fimo, do Ateneo ou de calquera outra empresa con dificultades da comarca. Esa é a solución para os estafados das preferentes ou para os colectivos que se enfrontan aos desfiuzamentos ou ao trazado sur ao tren exterior ou a Reganosa ou aos recortes nalgún servizo público… Rey Varela quéreme facer o garante do seu “dereito de admisión”.

 

O PORTEIRO

Te puede interesar