AMPLÍASE A CASTA POLÍTICA

O arco político deste país misteriosamente estase a ampliar coa presencia en público e a posta de largo de Podemos que, sinceramente, sigo sin compartir o seu nacemento e a súa existencia, porque  estase a querer ocupar un espacio claramente definido e ocupado dende fai moito tempo polo PSOE e polo PCE.
Este grupo de snobs universitarios, decadentes dirixentes de outros partidos políticos e dalgun Sindicato existente, veñen a poner en tela de xuizo a democracia e o que loitaron tódolos que viviron e vivimos no territorio do Estado Español así como o de utilizar os mesmos mensaxes á opinión pública craridade que uo ben leron moitos libros de historia contemporánea, e non lles quedou claro nada mais que os eslogans que se repetían nas rúas, uo non souberon pasar páxina a unha época da súa vida; e quen financia as arcas de Podemos, soio coas cuotas dos afiliados e a “proporción do salario dos cargos públicos”? aí a primeira mentira, xa se descubrirá cales van ser os poderes financieiros e de onde son os contribuintes.
Creo que non é nin ético nin moral que outro Pablo Iglesias use sempre parte dos discursos e dos escritos do pai do socialismo español, facendoos seus como si aquí nunca houbera unha loita social, lembremos o que siñificou a II República, quenes a pelexaron e quen se levantou contra dela, armados con pistolas, escopetas, canóns en definitiva.
Hai que aprender do pasado, hai que ir poñendo un ladrillo despois de ter o anterior ven asentado,e despois o outro, así faremos un gran edificio cheo de liberdade de,  compromiso social de solidaridade e xustiza.
Polo que se ve esto de Podemos é un flash mediatico que se quere abrir na mente dos/as cidadans sin interesarlles os prexuizos que ocasionaran, cómo se pode decir polo cabecilla deste grupo que cada cidadán debería ter unha arma consigo, esta nación parecese a EEUU, a cidade sin lei, e porque non anexionamos Portugal, Andorra e xibraltar. Hai que pensarse ben o que un debe decir en público. Ou de que si chegaran a gobernar soio habería un soio Sindicato de Traballadores e que non sería ningún dos existentes na actualidade. Esto ten moito do Pensamento Único pero sobor de todo do movimiento nazi, do franquismo, aínda que non comulguen con eso.
É moi duro ver que ese grupo de snobs xogan coa decadente situación e vida dos cidadáns do Estado Español. Porque en vez de crear outra boca que alimentar, éstes non tiveron a valentía de traslada-las súas preocupación no seo doas actuais partidos de esquerdas, loitar nos congresos, asembleas polo que para eles é  más xusto. Non interesa, é máis doado saírse pola tanxente, algo así como fixo Beiras con Anova.
Tratando este último caso, tan difícil era vivir no BNG que non soio se sai desta coalizón senón que se coaliga cunha organización “española” e no Parlamento Galego elabora conxuntamente co BNG, iniciativas parlamentarias. E como estes algún máis Terra Galega, UPyD, entre outros
Conclusion da parábola; canto máis incidimos en cómo resposta o ser humán ante situación inverosimeis, máis desilusión me levo cando se me van confirmando que as formas dos primates seguen  a estar  no noso ADN, como o de crear unha tribu e mandar sobre dela (e que non me conten contos de ser asemblearios).
Quen poidera ter máis espazo porque esta cabeciña ainda se lembra de moitas cousas!!

 

AMPLÍASE A CASTA POLÍTICA

Te puede interesar